Sobre min

O meu nome é Belén García e acabo de finalizar o grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Agora estou cursando un mestrado na Universidade de Santiago de Compostela e esta vez decidin optar por formarme nalgo máis creativo, xa que dende sempre me interesei no marketing. Así que iso é o que está completando a miña formación: Marketing dixital e xestión comercial.

Un dos temas que máis me apetece coñecer no mestrado é vídeo marketing e por iso irei plasmando neste blog todo o que aprenda para así compartir coñecementos e ideas. Se ti tamén compartes esta curiosidade, benvido!