Que é o vídeo marketing? Estatísticas e implantación

por | Out 18, 2020 | Vídeo online | 1 Comentario

Benvido a este blog! Se estás lendo isto é que non chegaches por casualidade senón que estás interesado en saber máis sobre iso do vídeo marketing. Pois ben, o primeiro é coñecer o termo así que imos alá!

Como definimos o vídeo marketing? 

Podemos dicir que se trata dunha estratexia concreta en marketing para captar a atención das persoas e conseguir a súa interacción. É dicir que consiste en engadir recursos audiovisuais ás nosas estratexias para fomentar entre outras cousas, o engagement, a diferenciación e a viralidade. Os vídeos son os contidos máis compartidos en redes sociais grazas a plataformas coma YouTube. Ademais, Instagram, unha das redes sociais máis empregadas actualmente cada vez conta con máis contidos en vídeo coma vídeos en directo, IGTV ou Reels (contado xa con que o contido que se sube ó feed ou  ás stories tamén poden ser vídeos).

Estatísticas

Navegando pola rede vemos as distintas estatísticas de vídeo marketing, as cales nos fan saber que todo negocio online precisa a súa estratexia audiovisual. Imos centrarnos en só algunhas das que aparecen na páxina web de Hubspot e que vemos a continuación:

  • Os artigos escritos, os vídeos e as imaxes son os tres tipos de contido máis atractivos en redes sociais en 2017.
  • Introducir un vídeo nunha publicación aumenta o tráfico orgánico dos resultados.
  • As actividades en liña máis populares en 2018 foron consultar as redes sociais e ver vídeos.
  • Os tweets con vídeo retuiteanse seis veces máis que os que teñen fotos (2018).
  • En facebook vense 100 millóns de horas de vídeo por día (2016).
  • O 80% de usuarios está disposto a ver un vídeo mentres que só un 20% lee un texto dunha páxina (2017)
  • Os vídeos de productos incrementan as compras nun alto porcentaxe (2017)
  • Case un 50% de navegantes ve vídeos relacionados cun produto ou servizo antes de visitar unha tenda (2016).
  • Préstase máis atención a ver un vídeo que a leer un texto completo, xa que se soe leer por riba e os podcast escoitanse á par que se realizan outras tarefas.
  • Se nunha páxina hai un vídeo e un texto, o 72% de persoas ve o vídeo para coñecer o producto ou servizo (2018)

Como comezar?

Vistas estas estatísticas queda claro que inverter en vídeos pode ser un acerto sempre e cando sexa algo que antes conte cunha planificación axeitada. Antes de nada debemos ter claro o noso obxetivo: A quen nos diriximos, a un público xeral ou a un target máis específico? que queremos conseguir? que tipo de vídeo queremos lanzar? en que plataforma o imos subir? Debemos realizar unha correcta segmentación do mercado para dar resposta a estas cuestións.

Unha vez que temos clara a estratexia e a quen queremos lanzala debemos adicar tempo  á planificación do vídeo como por exemplo adecuar a súa duración ós contidos que amosa, xa que se imos contar poucas cousas é mellor ser breve. Debemos centrarnos na calidade do mesmo: A iluminación, o son… Canto máis coidados estean estes aspectos, mellor serán os resultados. E por último, debemos atrapar ó noso público con CREATIVIDADE, causar emocións e amosar contidos relevantes a través duns segundos ou minutos amenos que non fagan ó noso público aburrirse e buscar contidos similares noutros lados.

Xa por último neste primeiro post deixamos un exemplo de vídeo marketing emocional, se queres saber que é isto terás que esperar á seguinte publicación onde explicaremos os tipos de vídeo para que poidas elixir o máis axeitado á túa estratexia. Grazas por ler este primeiro artigo, espero que che puidera axudar nalgún dos teus proxectos e que che apeteza seguir aprendendo sobre o vídeo marketing. Se foi así, 

Vémonos na seguinte publicación!!

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *