Tips para un bo SEO en campañas de vídeo marketing: É tan importante?

por | Mar 15, 2021 | Vídeo online | 1 Comentario

Sabes o que é o SEO? Seguro que se estás no mundo do marketing é un termo que coñeces á perfección e é que non hai estratexia que non leve detrás un bo SEO. Agora ben, se non sabes moito disto do marketing dixital… igual hai que ir pouco a pouco.

Search Engine Optimization, coñecido como SEO, céntrase nos resultados de busca orgánicos, é dicir, é o proceso de mellorar a visibilidade dun sitio web nos resultados orgánicos dos distintos buscadores. Pero, é isto importante? Sen máis dilación vamos comezar con isto.

Por que é importante o SEO?

De que serve ter unha páxina web que non aparece na primeira páxina de resultados de Google? O SEO aumenta a utilidade da túa web. Se queres que os usuarios te atopen, a mellor maneira é cunha estratexia de SEO.

Para isto podes usar plugins como YoastSEO ou ferramentas coma Semrush ou Ahrefs. Con estas dúas últimas poderás facer un estudo moi completo de palabras clave polas que posicionar. Só tes que analizar as túas keyword, as dos teus competidores e tras un longo traballo terás esa perfecta  lista para poñerse a usalas.

É necesario facer SEO para campañas de video marketing?

Un dos beneficios do vídeo marketing é que mellora o posicionamento. Polo que non podes facer unha campaña de vídeo se non vas ter isto en conta. Aplica un bo SEO, escolle esas keywords que crees que son as mellores tralo análise de palabras clave e colócaas nos títulos, descricións e etiquetas do teu vídeo.

Se os usuarios interactuan co teu vídeo, sen sabelo, estaranche axudando a posicionar: subscricións, likes, que sexa compartido… todo iso son detalles que poden favorecerche esa aparición na primeira páxina.

Por suposto, subtitula e transcribe, isto xa non só é fundamental para captar a atención, xa que se lees as demais publicacións que subimos cada mes poderás saber que hai redes sociais que os reproducen automaticamente sen son e será ideal ter ese apoio para que os usuarios queden máis tempo a velo. É dicir, só con isto tes dous puntos: a atención deses primeiros 15 segundos, a cal é moi importante, a retención e sobre todo que YouTube valora as transcricións.

En resumen… Se vas facer unha estratexia de vídeo tes que facer primeiramente unha de SEO. Aínda que sexa laborioso o teu traballo ten que verse recompensado, e isto ten que ser posicionando. Algunha dúbida? Xa sabes onde podemos planteala, leémoste aquí abaixo.

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que...

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de...

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021 Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *