Facer marketing en YouTube, as 5 cousas que tes que saber antes de comezar

por | Mar 1, 2021 | Redes Sociais | 1 Comentario

YouTube é unha rede social que sempre está aí e que é coñecida por todos. Arredor do ano 2014 e 2015 comezou a ter moitísimo tráfico ó ser empregado por influencers que tiñan os seus propios canais con moito éxito.

Agora tamén se empregan outras ferramentas coma IGTV en Instagram, como xa vimos noutro post. Pero malia iso, YouTube segue sendo unha rede social presente nos nosos días. E non ten pinta de que isto vaia mudar.

Sabes como usar YouTube correctamente?

Se queres facer marketing, é moi importante ter claro o funcionamento desta plataforma para sacar todo o seu proveito. Aínda que pareza sinxela, YouTube ten moitas funcionalidades que igual descoñeces.

Créeme,

Hai que coidar cada detalle do noso canal para así aportarlle ao usuario todo o que precise e axudalo no seu camiño.

Pois ben, vexamos que 5 cousas ou funcións temos que coñecer se imos crear un canal de YouTube para facer marketing.

  1. Aspecto do canal. O primeiro para comezar serán os aspectos máis básicos como a presentación. A imaxe do perfil debe ser en PNG (98x98px) usando o logo da marca ou a imaxe corporativa, cun peso ideal de 1MB.  Para a imaxe de banner (2048×1152), tamén en PNG, será fundamental fixar a atención no centro.
  2. Descripción. Para personalizar o canal será fundamental describir o mesmo e facer saber os nosos obxectivos, así coma o público e engadir sempre enlaces ás nosas redes sociais, ecommerce ou dirección de correo electrónico.
  3. Tráiler. Hai que saber diferenciar entre o tráiler do canal e o vídeo destacado para suscriptores, pois son diferentes. Este primeiro consiste nunha vista previa do canal para persoas que aínda non están suscritas ao canal, sen embargo o segundo trátase dun víde destacado para que o vexan os teus suscriptores.
  4. Miniaturas ou Thumbnail. O noso canal terá un aspecto moito máis coidado se engadimos unhas miniaturas personalizadas a cada un dos nosos vídeos que sigan un mesmo estilo. Un exemplo disto sería o canal do gamer El Rubius.
  5. Tarxetas e pantallas finais. As tarxetas poderemos colocalas hacia o noso propio canal ou outro similar para redirixir ó usuario cando estea vendo un vídeo. As pantallas finais, son as que aparecen cando remata un vídeo, ven pode ser vídeos relacionados do noso propio canal ou mesmo a nosa conta de YouTube.

Ademais diso, hai que ter en conta que podemos engadir botóns ás nosas redes sociais, así como ter canais destacados e usar keywords. Sen dúbida, YouTube é un gran axudando para as nosas campañas. Podes botar un ollo ó canal de Estrella Galicia, que por se non o viches nunca, aquí che deixamos un bo exemplo desta marca de cervexas que tanta notoriedade gañou nos últimos anos. Neste vídeo vemos a campaña que está lanzando agora mesmo ca súa nova cervexa de abadía da cova, do concello de Sobrado dos Monxes. Que che parece?

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que...

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de...

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021 Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *