Usar TikTok como marca, a guía definitiva

por | Feb 15, 2021 | Redes Sociais | 1 Comentario

Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que xa todos coñecemos esta rede social. E se non é así, ti como marca debes coñecela. Imos alá!!

Coñeces TikTok?

TikTok é unha rede social de vídeo, é dicir, hai unha pantalla principal onde vas vendo vídeos populares da xente á que segues e tamén podes explorar novos vídeos e usuarios, coma en Instagram, así como buscar por hashtags.

Non só iso,

En TikTok tamén tes filtros e efectos para editar os clips, podes enviar mensaxes… En definitiva, podes pasar horas e horas vendo estes curtos vídeos e botando unhas risas de maneira cómoda no sofá, algo que che recordará a marzo de 2020 seguro!!

Tipos de vídeo

TikTok non consiste só en subir simples vídeos senón que hai distintos tipos. Se vas facer marketing con TikTok cómpre que coñezas que estilos hai para así escoller máis tarde o que mellor se axeite.

Imos alá:

  • Vídeos musicais. Son clips onde os usuarios dobran as voces con diálogos de internet ou series. Tamén están aquí os típicos vídeos de baile que estarás farto de ver.
  • Cómicos. Aquí podes ver vídeos de caídas ou diálogos simpáticos que conseguen facer rir ó usuario que o ve. É un dos tipos máis virais.
  • Os vídeos de dúo son os que permiten resposta, ou se van sumando persoas en cada vídeo.
  • Foron moi virais tamén na corentena de 2020 como o da escoba ou o papel hixiénico.

E como facemos marketing?

Facer publicidade nesta rede social é algo realmente importante, sobre todo se o teu público é xuvenil. Pois ben, a súa audiencia é case un 50% con idades entre 16 e 24 anos.

Hai moitas marcas que xa están en TikTok e, que mellor ca velo con exemplos? Da igual o sector!! Por exemplo, en téxtil vemos Pull&Bear, que creou un “hashtag challege” con influencers e todos eles levaban algunha prenda da marca facendo a súa propia publicidade.

Sephora usa TikTok para colgar tutoriais e produtos, igual que Maybelline, que con moi poucas publicacións deu a coñecer unha nova gama de labiais.

Donettes fixo o #donettesmatchchallenge para dar a coñecer o seu novo doce que pinta a lingua e que contou ca colaboración de Naim Darrechi. Seguindo pola alimentación vemos que Milka usou a tiktokers como as Twin Melody para promocionar o seu novo produto co challenge #ternuracheck.

Que che parecen estes exemplos? Está claro que se es unha marca orientada a un público xuvenil tes que poñerte as pilas con TikTok, comeza a facer challenges e crea ese interese nos usuarios. Non crees que é unha boa opción?

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de...

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021 Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *