Triunfa e innova con 360º

por | Feb 1, 2021 | Vídeo online | 1 Comentario

Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de vídeos normais que poidas grabar co teu móbil en calquera momento, vas precisar unha cámara profesional ou unha empresa que cho realice pero a verdade é que estes vídeos están triunfando ó influír na experiencia do consumidor e xa poden verse en YouTube e incluso en Facebook.

Que é un vídeo 360?

Trátase dun vídeo formato de realidade virtual con visión circular, ou dito doutra maneira, é un vídeo que intenta asemellarse a vivencia dunha experiencia en primeira persona, como comenta espaciobim. Isto xa non se trata de algo que sorprenda, non é unha novidade nin o usuario vai quedar pasmado, pero ollo, non e fácil grabalos nin usalos, así que igual consegues diferenciarte só con isto. Un vídeo 360 da un valor engadido, son unha experiencia, permite ir máis alá de ver un produto a través dunha pantalla facendo que semelle real.

Estes vídeos poden usarse para practicamente para calquera cousa: amosar produtos, concertos, coches… sen caer na típica foto bonita pero nada realista en moitas ocasións. Ademais tamén permiten ter unha imaxe máis cercana da cultura dunha empresa; Nescafé por exemplo lévanos a Brasil en realidade virtual, a unha das súas plantas de café ou ós almorzos de varias familias  mentras interpretan a pegadiza canción “Don’t Worry”.

Para que nos entendamos mellor…

Por se non che sirven estes dous marabillosos exemplos de Nescafé traemos tamén un de BMW que ten máis de 3 millóns de reproducións facendoche sentir a velocidade; Un vídeo de discovery channel para as experiencias na natureza, concretamente no mar; U2, o grupo británico que se decantou por lanzar así a fermosa canción “Song for someone” e por último, un vídeo en realidade virtual dun festival e non un calquera, senón o maior de electrónica: Tomorrowland. Así que bótalles un ollo, seguro que quedas un bo cacho pasmado mirando para calquera deles.

Sen dúbida son experiencias memorables que destacan e atraen. Así pois, faite cun equipo e comeza a traballar nesta incríble tendencia, xa sabes que a tecnoloxía vai a fume de carozo e as marcas teñen que ir ó mesmo paso ca ela.

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que...

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021 Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *