5 Ferramentas que tes que coñecer para facer un bo vídeo

por | Xan 25, 2021 | Sin categoría | 1 Comentario

Si, xa sei que todo o que se fala neste blog parece moi simple pero para levalo a cabo hai que ter unha mínima idea de facer un vídeo. Pois a ver, non se trata de nada que vaia máis alá de saber que aplicacións existen e aprender a manexalas, é dicir, cuestión de tempo e paciencia. Algunhas delas imos velas neste post, así que se estás nese punto de precisar facer un vídeo benvido, acabas de dar no cravo, ademais moitas delas teñen tutoriais para acelerar o proceso de aprendizaxe:

Final Cut Pro

Este programa por excelencia é do mellor que podemos aprender a manexar xa que ten funcionalidades como a edición de vídeo de 360 grados que vimos que era tendencia en 2021, a visualización con gafas de realidade virtual, controis para crear, editar subtítulos (outra tendencia máis), editar, audio, gradación de cor avanzada… Iso si, precisas un nivel máis avanzado ou quizais dedicar máis tempo ca algún dos seguintes que imos ver.

PowToon

Se non eres tan profesional como para manexar a ferramenta anterior podes probar esta outra. Aquí non tes porque comezar de 0, hai moitas plantillas para inspirarte e comezar a construír con obxectos, iconos… A versión gratuíta permite facer vídeos de ata 3 minutos e 100MB pero con marca de auga,  polo que está ben para probar pero no caso de ser a ferramenta preferida será mellor ter unha versión máis PRO de pago.

Clipchamp (create)

Para os máis tradicionais aquí está a ferramenta máis parecida ó mítico Windows Movie Maker ca vantaxe de poder empregalo sen descargar nada. Ten todo o básico para cortar, recortar, control de velocidade, axustes, filtros… Trátase de abrir un proxecto, engadir arquivos e arrastrar. Logo basta con darlle a exportar e teralo listo para compartir. Iso si, coidado cas marcas de auga unha vez máis.

Filmora

Válido para Windows e Mac. Destaca polo fácil que é de manexar, xa que permite editar vídeos dende o móbil para compartilos logo nas redes sociais. Podes mesturar fotos, música e hai moito máis de 100 efectos para transicións, filtros a parte dos de pago. En definitiva, trátase dunha opción moi básica se es principiante.

 

Listo!! Estou segura que con algún destes editores poderás facer uns vídeos incribles e xa ves que hai para todos os niveis, tanto podes optar por final cut pro se te ves máis profesional ou comezar con ferramentas máis básicas coma Filmora. Agora só queda escoller algún deles!!!

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que...

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de...

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021 Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *