6 tendencias para vídeo neste 2021

por | Xan 18, 2021 | Sin categoría | 2 Comentarios

Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a coller algunha idea. Trátase de 6 tendencias que poden facer chamar máis a atención deses usuarios, así que xa sabes, presta atención e colle papel e lapis ou calquera outra cousa para anotar:

1. Vídeos con subtítulos

Non é a primeira vez que falamos disto, pois por exemplo en redes sociais coma Facebook os vídeos reprodúcense automaticamente e sen son polo que se o importante do teu vídeo é o que se di é importante ter isto en conta. Non só iso senón que así permitimos que aínda que a persoa que está vendo o noso vídeo non poida ter o volume alto nese momento, si vexa o contido. E outra vantaxe é a posibilidade de que as persoas poidan traducilo á súa lingua e así non existan eses problemas de comunicación.

2. Vídeos que permiten mercar

Isto consiste en permitirlle ó cliente que mentres ve o produto poida darlle a mercar e ir así directamente ó e-commerce para velo en detalle e engadilo á cesta. É dicir, o consumidor actual non quere perder o tempo e isto reduce o recorrido acelerando as conversións. Só se trata de engadir un enlace e: Voilà.

3. Vídeos 360º

Os vídeos 360º permiten obter unha vista panorámica polo que se as imaxes e vídeos teñen un gran impacto en redes sociais, isto é algo xenial no marketing. Estes están xerando unha mellor resposta que os demais medios audiovisuais polo que o consumidor tería así unha mellor experiencia.

4. Vídeos tutoriais

Trátase dun dos tipos de vídeo que comentamos no segundo post deste blog e continúan sendo tendencia, pois axudan ós usuarios. Para vender primeiro hai que darlle ó consumidor información. Aquí poderás ver algúns dos exemplos que vimos por outubro de 2020.

5. Vídeos en directo

Os vídeos en streaming son requiridos polos usuarios, pois ca interacción entre o consumidor e a marca estes poden sentirse máis cerca e así aumenta o engagement e estes involucraranse máis. Ademais unha das vantaxes disto é que os vídeos en directo manteñen máis tempo ós usuarios.

6. Vlogging

Este é un dos vídeos máis populares. Van na mesma liña que os anteriores, pois sempre se trata de amosar produtos pero estes moitas veces teñen a particularidade de dar resposta ó “como”. Un exemplo? Aí vai o de Krack:

 

Que che parece? Difícil? A que non? Todos estes son vídeos que seguro os podes levar a cabo na túa marca así que  xa que esta vez o consumidor non é tan esixente, haberá que intentar chamar a súa atención. Xa sabes, utiliza polo menos 3 destas tendencias e verás bos resultados para este ano. Sorte!!

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que...

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

2 pensamentos sobre “6 tendencias para vídeo neste 2021”

  1. Pingback: Triunfa e innova con 360º - Video Marketing Dixital

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *