Comezan as rebaixas, faino saber con estes consellos

por | Xan 4, 2021 | Vídeo online | 1 Comentario

Tic, tac, tic, tac… Benvidxs a este novo post e ás rebaixas. Que mellor ca comezar o ano con descontos, non si? Seguindo na mesma liña co nadal, estamos nunha época na que o consumismo cobra sentido, e é que ás veces mercamos sen necesidade, esta vez só porque os prezos son baixos e deixámonos levar. Ca chegada de descontos non podemos esquecernos de coidar a imaxe da empresa, a atención ó cliente, a cultura da marca… As rebaixas é un período óptimo para a captación de clientes e se queremos que merquen e repitan debemos ter como principal obxectivo coidar estes aspectos. Algúns dos trucos que podemos empregar son os descontos progresivos como ben fai Inditex cas segundas rebaixas ou adiantar os descontos nas aplicacións. Pero todo isto queda en nada se non temos un bo plan de COMUNICACIÓN. É dicir, de que sirve ter descontos se ninguén o sabe?

Co tremendo potencial da linguaxe audiovisual, de novo vemos as estratexias que as marcas teñen nesta época do ano. Estamos fartos de saber que estamos en rebaixas, pases por onde pases verás un letreiro vermello que pon: “Descontos no interior”, “ata un 70% de desconto”, “sales”, “rebaixas”, “rebaixas” e máis “rebaixas”. Se entramos nas redes sociais vemos máis do mesmo e se prendemos a TV probablemente o primeiro que apareza sexa o spot do Corte Inglés, tan mítico coma as uvas en fin de ano.

Identificar o público

Non é casualidade, se acabamos de mencionar o Corte Inglés é por algo e é que non ten os anuncios das súas rebaixas en redes socias coma Tik Tok, o porque é fácil de saber: polo seu público, quen probablemente vexa a televisión, e é por iso que  sempre vemos as súas campañas publicitarias aí, polo que hai que ter claro quen é o público ó que nos diriximos para que a nosa publicidade estea no lugar axeitado: TV, redes sociais, e-commerce…

Non te dediques a falar só das rebaixas

Os anuncios de Decathlon non venden os descontos senón as experiencias: as novas metas, os momentos en familia, entre amigos, o coidado do medio ambiente, o equilibrio mental… E para vivir momentos únicos na casa tamén temos as ofertas de Carrefour. Non se trata de amosar os descontos que temos, pois non se vende só por prezo, senón que o cliente debe vernos como un plan ou necesidade. Estas marcas aproveitan as rebaixas para lanzar mensaxes que convertan aos que os ven.

Amosa o teu catálogo

De maneira algo máis directa están outro tipo de anuncios coma o de Krack, quen simplemente nos ensina os seus produtos como vemos no seguinte vídeo de fai dous anos. Aínda que agora atopamos no seu Instagram que o contido audiovisual das rebaixas o teñen en Reels.

Pensa o teu slogan

Volvemos a poñer de exemplo o Corte Inglés, quen ten un cada ano: “Nuevo año, nuevas rebajas”, “Las rebajas que están por todas partes” ou “Te mereces unas rebajas como estas”. O slogan debe ser breve, claro e conciso. Así que búscao e comeza xa a anunciar os teus descontos.

Estes son só algúns dos consellos para as rebaixas en canto ó vídeo, só para recordar que tan importante é este medio xa dende principios de ano. Elixe ben estes puntos clave para triunfar entre os teus usuarios. Polo tanto, todo listo para unha campaña de rebaixas perfecta!!

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que...

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de...

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021 Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *