Todo o que precisas saber para sacar proveito ás campañas do nadal

por | Dec 10, 2020 | Sin categoría | 1 Comentario

Se por algo están marcadas estas datas é pola publicidade,  e é que o nadal é unha gran oportunidade para incrementar as ventas no teu negocio dado ó aumento de consumo: practicamente todas as persoas recibimos agasallos, é dicir que é  un momento clave para os nosos obxectivos. Este é o motivo polo que as campañas de nadal deben estar moi coidadas e atendendo a cada detalle. Tal e como comenta Kimera, aparte de agasallar en datas especiais tamén se toman días de vacacións, o que aumenta o gasto en ocio e tempo libre, as reunións con familia e amigos axudan a que se gaste en decoración e fogar, e como non, a gastronomía e a organización de festas lévanse unha gran parte disto, ou polo menos así foi ata chegar a este ano tan peculiar. Malia iso, estamos en datas especiais e pese ó covid este mes podemos facer crecer as vendas, polo que independentemente de cal sexa o teu negocio, de seguro que alguén busca o que ofertas nestas datas así pois, hai que chegar a el.  Debemos incentivar as compras, atraer tráfico á nosa web e convertelos. Como facemos isto? Pois unha opción son as estratexias de vídeo e temos varias maneiras de facelo, bota un ollo e escolle cal che gusta máis:

  • DIY, tutoriais, consellos… Estes vídeos atraen futuros clientes xa que podes dar ideas sobre a decoración da vivenda, recetas de cociña, como vestirse en ocasións máis especiais, como facer adornos de nadal personalizados, recomendacións sobre qué regalar, ben sexan agasallos especiais ou ben, amigos invisibles, moi típicos tamén nestas datas. Podemos ver agora varios exemplos de todos estos tipos de vídeos, os cales son moi recorrentes e axudan ó consumidor.

  • Promociónate. Amosa o que ofreces para dar a coñecer os teus produtos, ensina o teu catálogo, as túas ofertas e promocións e aporta facilidades. Aquí vemos 3 exemplos: ALDI, Pandora e LIDL, cada cal, mellor.
  • Emocións, falamos no segundo post deste blog do vídeo marketing emocional, e é que estas en nadal volven cobrar sentido ó tratarse dunha época onde os nosos sentimentos florecen e estamos máis sensibles ca nunca. Quizais aínda máis este ano, que a situación provoca que pasemos estas datas separados dos nosos vínculos máis achegados, polo que é unha maneira de viralizar o teu negocio se consegues crear emocións no consumidor. Para este exemplo non podíamos empregar outros que non fosen un anuncio da Lotería e por suposto outro dunha das marcas navideñas por excelencia: Suchard.

 

  • Felicita as festas. O nadal é unha época de continuas felicitacións e desexos, polo que é unha maneira de ser cercano e achegarte ó consumidor sen ter que dicir moito. Os exemplos esta vez son de vodafone, quen emprega un irónico eslogan, Carrefour e TOUS.

Debemos ter claro o que queremos pedir ós nosos espectadores, é dicir, cal é a chamada á acción, onde o imos publicar e moitas outras cousas, xa que coma sempre hai que deseñar unha estratexia. E esta é moi importante, é unha das épocas de maior consumo, como dicíamos ó principio, e sobre todo este ano será moi clave para os negocios, en especial os máis pequenos, así que planifica cada detalle e saca o maior rendemento posible.  O vídeo debe ser capaz de plasmar as nosas intencións en pouco tempo, debendo este impactar, para iso axudárannos os aspectos audiovisuais: decoración, música… Promociónate e inclúe toda a túa información (web, dirección, contacto…). Con ese cóctel poderemos pasar a difundilo e se todo vai ben podería facerse viral e pasar por moitos lugares da rede. Trátase de agasallar ós nosos visitantes con audiovisuais coidados en poucos minutos.

Aproveito para despedirme por este ano e desexar unhas felices e peculiares navidades, de seguro que nunca as esqueceremos pero por iso, tamén serán especiais. Boas Festas!!

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que...

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de...

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021 Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *