Stories, reels e outras maneiras de facer Vídeo Marketing en Instagram

por | Nov 13, 2020 | Redes Sociais | 1 Comentario

Instagram  é unha rede social que conta con máis de 1.000 millóns de usuarios activos neste 2020. Trátase  dunha plataforma que permite seguir coñecidos, celebridades, marcas e ademais compartir experiencias propias cas túas amizades. Nun principio servía para compartir sobre todo imaxes, aínda que tamén se podía subir vídeos ao feed. Agora é moi distinto, e é que os vídeos cobran cada vez maior importancia.

É moi importante ter presencia aquí e desenvolver unha estratexia, xa que podería incrementarse a visibilidade do teu negocio ó permitir compartir publicacións, interaccionar cas marcas e incluso mercar directamente un produto. Pero ollo, aínda que case todas as empresas se fixeron un oco nesta plataforma non todas saben sacarlle partido.

Antes de subir un vídeo a esta rede debemos coñecer todas as posibilidades que temos e elixir unha para adecuarnos ó formato:

  • Vídeos no feed (máximo 60 segundos).
  • Vídeos en directo (máximo 60 minutos e con posibilidade de gardalos ata 24 horas).
  • Instagram Stories (máximo 15 segundos). Duran 24 horas pero poden gardarse en carptetas de destacados no feed.
  • IGTV, vídeos de longa duración (máximo 10 minutos).
  • Reels (15 segundos).

Case todos están preparados para vídeos en vertical, aínda que ás veces pódese adaptar ese tamaño. Pois ben, segundo o formato que queiramos darlle ó noso vídeo e a duración do mesmo debemos elixir un deses tipos.  Os Reels son o  máis novo de Instagram e xunto con IGTV podemos atopalos no menú do feed tal e como vemos na seguinte imaxe:

Os vídeos  atraen e ademais reprodúcense automaticamente, isto fai que aumenten as visualizacións e que se che causa algunha sensación, acabes de velo e quizais aumenten as túas conversións. Por tanto, subir vídeos a Instagram é imprescindible no marketing de contidos, pero que máis debemos saber? Cales son os tips que necesitamos?

  1. Debemos saber cal é o noso obxectivo: Atraer tráfico? Aumentar seguidores? Hai que ter claro a onde queremos chegar para conseguir resultados.
  2. Saber cal dos tipos de vídeo que acabamos de ver é o axeitado para o público ó que queremos que chegue a nosa estratexia: reels, IGTV…
  3. Ter clara a temática, que queremos? Emocionar, respostar preguntas, sorteos… Ser creativos, emocionar e atrapar é o noso fin. DIFERENCIATE.
  4. Dixémolo xa nunha das anteriores publicacións, é moi importante a calidade dos vídeos, iluminación e son, xa que é a forma na que poñemos cara á nosa marca. Ter un Feed coidado é importante para atraer xa que é a primeira imaxe que damos. Sempre deben estar adaptados á rede social no que o lanzamos, neste caso Instagram, que como xa dixemos, caracterízase por vídeos en vertical e curtos maioritariamente. Un bo exemplo de Feed é o de 🍪 Oreo, que usa sempre as mesmas cores e moitos vídeos.
  5. Hai que ter moito coidado co son, xa que como dicíamos, unha vantaxe de Instagram é que reproduce automaticamente os vídeos pero NON con son, entón sería interesante que este fose irrelevante para o contido e que por exemplo estivera subtitulado.
  6. Dar relevancia ó día no que vivimos: facer ofertas no Black Friday ou dicir o importantes que son os teus produtos para agasallar en nadal poden aumentar o teu tráfico.
  7. Usar hashtags consigue que os teus contidos teñan maior visibilidade, pois non só veran o que compartes os teus seguidores #AsíQueEmprégaos.
  8. Ser constante. Non podes subir nun día 3 publicacións e logo non volver usar Instagram ata a semana seguinte .
  9. Infórmate sobre cales son as mellores horas para compartir os teus contidos.
  10. Usa Instagram stories para compartir o que subes ó feed, aí podes saber quen veu a túa publicación e aumentar visualizacións.

Ademais podes medir resultados como saber cantas veces se comparten as túas publicacións e historias, saber as impresións etc. É unha ferramenta moi útil para ser máis cercano cos teus usuarios e conseguir fidelizalos. Estar en Instagram sen obxetivos definidos e sen coidar o noso feed é coma non estar. Debemos aproveitar esta ferramenta que tantos beneficios nos pode aportar e conseguir diferenciarse e destacar. Dito isto, vémonos na seguinte publicación!

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva

Usar TikTok como marca, a guía definitiva Sabías que TikTok foi a rede social revolución no 2020? Neste último ano, no cal estivemos na casa máis ca nunca, TikTok aumentou todas as súas métricas. Sexa por entreterse ou porque che gusta o contido o que está claro e que...

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º

Triunfa e innova con 360º Tamén coñecidos coma VR ou realidade virtual, os vídeos en 360 graos amosan tódolos ángulos posibles que pode captar unha cámara segundo sexa colocada. En xaneiro vimos que era unha das tendencias de 2021 en canto a vídeo. Si, non se trata de...

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021

6 tendencias para vídeo neste 2021 Para os máis despistados e que aínda andan a voltas cas campañas publicitarias deste ano, aquí temos as tendencias que van marcar o vídeo marketing en 2021. Toma nota porque seguro que che axudar a mellorar resultados ou polo menos a...

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing

5 tipos e exemplos de Vídeo Marketing Ola de novo, tal e como vimos na publicación anterior, un 80% de internautas está disposto a ver un vídeo fronte a un 20% que lee un texto, o que quere dicir isto é que o texto está pasando de moda. Por iso, é moi importante...

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *